miércoles, 7 de enero de 2015

NADAL ESPECIAL

Sen dúbida este foi un nadal especial para min. E disto son responsables, en gran medida, os meus alumnos de 6ºEP. Gracias a todos eles porque fixeron que me emocionara e que me sentise querida como nunca.
Unha vez dito isto, explicarei un pouquiño algunhas das cousas que fixemos no colexio para festexar estas datas tan entrañables. 
Pois ben, o día 19 de decembro foi unha xornada especial:

Disfrutamos xuntos dunha merendola con comida típica destas datas, abrimos os agasallos do Amigo Invisible...


Saltamos...
Bailamos...

Fotografiámonos...






Representamos unha obra de teatro que  tiñamos preparada.
Se queredes ver a obra pinchade no título da obra:  GATO ENCERRADO




E emocionámonos todos co video que me tiñades preparado, cos agasallos, coas vosas cartas, etc.





Teño que agradecedos todo o que fixéchedes  para que este último día como profesora vosa fose especial. Ademáis quero dicirvos que durante o tempo que fun a vosa titora só me limitei a facer o meu traballo como mestra, pero iso sí con moito cariño e alegro de ver que soubéchedes aprecialo e que vos chegou a todos e cada un de vós. Tamén quero aclarar, porque ese día non fun capaz con tantas emocións, que eu tamén aprendín moitísimo de vós, que para mín seguideredes sendo os meus alumn@s e como me dicíades na vosa carta os meus nenos grandes.